II Convocatoria Bolsas Galeuropa 2016- Ampliación plazo

Ampliamos plazo hasta el 13 de julio a las 14.00

Aqui lanzamos a nova convocatoria de bolsas Galeuropa 2016 para desenvolver prácticas profesionais en Irlanda (10 bolsas) , Republica Checa (4 bolsas) e Italia (6 bolsas).

Principais novidades 2016

  • Idade ampliada ata os 30 anos (non cumpridos)
  • maior dotación economica
  • maior duración das prácticas (no noso caso 3 meses).

BOLSAS GALEUROPA-INGALICIA 2016

PROXECTO DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL

DESTINOS: IRLANDA – ITALIA – REPUBLICA CHECA

DURACIÓN: 3 MESES

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 20 mozos e mozas menores de 30 anos (non cumpridos), para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (10 bolsas), Republica Checa (4bolsas) Italia (6 Bolsas).

A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.

Os obxectivos xerais deste proxecto son:

  • Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
  • Mellorar as súas competencias interculturais
  • Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
  • Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
  • Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
  • Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
  • Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
  • Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.

 

REQUISITOS

As persoas destinatarias das mobilidades debe­rán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

  1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Se aínda non estas inscrito/a podes facelo AQUI

 

2. Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:

a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

 

IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que compor­ten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

 

MOVILIDADES

DESTINO Nº MOVILIDADES DURACIÓN SALIDA
IRLANDA 10 3 MESES ENTRE JULIO Y AGOSTO
ITALIA 6 3 MESES ENTRE JULIO Y AGOSTO
REP.CHECA 4 3 MESES ENTRE JULIO Y AGOSTO

 

CONTIDOS DA BOLSA

  • Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
  • Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas. Determínase en custos unitarios, segundo o país de destino, ate un máximo de 275€.

Ao mesmo tempo recibirá unha dotación económica para sufragar os gastos de viaxe, determinado en custos unitarios, segundo a distancia do país de destino da mobilidade. Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.

  • Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración de luns a venres, de 4 horas diarias de duración en destino mais un curso de 30 horas a realizar antes da saída en modalidade semi-presencial por un total de 50 horas;
  • Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
  • Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
  • Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.

INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS

Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:

a)   Solicitude de modelo oficial (Anexo I asinado e escaneado)

b)   Currículum vitae modelo europeo EN INGLÉS E/OU ITALIANO

c)   Copia escanelada do DNI/NIE

d)   Unha declaración respon­sable (AQUI O MODELO)de que non recibiron accións educativas que impliquen más de 40 horas mensuais nos 90 días previos á selección e que tampouco recibiron accións formativas de máis de 40 horas mensuais nos 30 días anteriores á dita selección.

e)   Unha declaración complementaria (AQUI O MODELO) de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

IMPORTANTE: Lembra asinar, escanear e enviar as declaracións xunto coa solicitude (que tamén debes asinar e escanear). Garda os orginales para entregalos en caso de ser seleccionad@

 SÓ ACEPTAMOS FORMATOS .PDF . NO ENVIADES FORMATOS .JPG

A documentación deberá ser enviada por email a: galeuropa@ingalicia.org  Especificar no asunto do correo “Solicitud.Galeuropa.TUNOMBRE.TUSAPELLIDOS”

FECHA LIMITE: 13 DE XULLO 2016 AS 14.00

SELECCIÓN

A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:

a)   Valoraranse, en primeiro lugar, as solicitudes daqueles mozos e mozas que non par­ticipasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa

b)   Valorarase a maior idade fronte a menor ata 1,20 puntos (terase en conta a idade do día que finalice o prazo de presentación de solicitudes).

–      De 28 a 29 anos: 1,20 puntos.

–      De 26 a 27 anos: 1 punto.

–      De 24 a 25 anos: 0,80 puntos.

–      De 22 a 23 anos: 0,60 puntos.

–      De 20 a 21 anos: 0,40 puntos.

–      De 18 a 20 anos: 0,20 puntos.

c)   I. A antigüidade no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Co­munidade Autónoma, desde a data de inscrición no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

d)   Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade: ata un máximo de 2,25 puntos. Consistirá en 15 preguntas tipo test, valoradas en 0,15 puntos cada unha. (Realizados os test por todas as persoas participantes porase á súa disposición o modelo de respostas correctas).

e)   Obxectivos definidos pola persoa participante na solicitude de mobilidade, tendo en conta o seu grao de adecuación á finalidade do programa de mobilidade transnacional xu­venil e á do propio proxecto da entidade, ata un máximo de 0,5 puntos.

f)    Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fora emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 1 punto.

g)   Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

– En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde na que están establecidos.

– En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

– Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS

a)   Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as activi­dades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.

b)   unha memoria de actividades que constará de:

  1.    Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
  2.    Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obti­do para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
  3.   Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.
  4.   Reportaxe fotográfica de realización da práctica formativa da entidade/ empresa no país de destino.

d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.

e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.

INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas estableci­das nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.

2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos po­sibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa benefi­ciaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.

d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.

e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Manuel Azaña 10, 2ºD, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org.

 

PROXECTO COFINANCIADO POR:

Galeuropa2015logo_YEI-FSE logoxunta2

(Visited 3.466 times, 1 visits today)