Convocatoria Bolsas Galeuropa-Ingalicia 2018

 

DATA LIMITE: 10 DE AGOSTO 2018

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 14 mozos e mozas menores de 30 anos, para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (4 bolsas), Alemaña (4bolsas) Italia (6 Bolsas).

A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.

Os obxectivos xerais deste proxecto son:

  • Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
  • Mellorar as súas competencias interculturai
  • Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
  • Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
  • Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
  • Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
  • Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
  • Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.

REQUISITOS

As persoas destinatarias das mobilidades debe­rán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

1.   Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:

  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
  • Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

Para inscribirse no SNGX:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

2.   Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que compor­ten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

MOVILIDADES

DESTINOS E MOVILIDADES: IRLANDA (CORK-4) – ALEMAÑA (LIPSIA-4) – ITALIA (SICILIA-6)
SAIDAS: PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO, VOLTA 30 DE NOVEMBRO

CONTIDOS DA BOLSA

  • Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
  • Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas. Determínase en custos unitarios, segundo o país de destino, ate un máximo de 275€.

Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.

  • Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración de luns a venres en destino;
  • Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
  • Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
  • Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.

INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS

Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:

a)   Solicitude de modelo oficial (Anexo I)

b)   Currículum vitae modelo europeo en inglés, alemá e/o italiano

c)   Copia escanelada do DNI/NIE

DATA LIMITE: 10 DE AGOSTO AS 23.59

A documentación deberá ser enviada por email a: galeuropa@ingalicia.org

Especificar no asunto do correo: “Solicitud.Galeuropa.TUNOMBRE.TUSAPELLIDOS”

SELECCIÓN

IMPORTANTE: Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa

A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:

Establecerase unha puntuación máxima de 9,5 puntos no proceso selectivo, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

2º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

3º. Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

·         Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.

·         De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.

·         De 24 a 25 anos: 1 punto.

·         De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.

·         De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.

·         De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.

2º. En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS

a)   Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as activi­dades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.

b)   unha memoria de actividades que constará de:

     I.        Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.

   II.        Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obti­do para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.

 III.        Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.

 IV.        Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.

c) Xustificación da preparación lingüística a través dun certificado emitido pola entidade de acollida.

d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.

e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.

INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas estableci­das nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.

2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos po­sibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa benefi­ciaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.

d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.

e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Muiño de Visma 30, 2ºC, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org.

(Visited 1.278 times, 1 visits today)