Becas Galeuropa 2019

CONVOCATORIA 2019 INGALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 14 mozos e mozas menores de 30 anos, para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (4 bolsas), Alemaña (4bolsas) Italia (6 Bolsas).

A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.

Os obxectivos xerais deste proxecto son:

  • Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
  • Mellorar as súas competencias interculturais
  • Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
  • Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
  • Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
  • Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
  • Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
  • Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.

REQUISITOS

IMPORTANTE: PARA A PRE SELECCIÓN TERÁN PRIORIDADE OS CANDIDATOS QUE NO PRESENTAN SOLICITUDES TAMÉN PARA A MODALIDADE INDIVIDUAL (DIRECTAMENTE A XUNTA)

As persoas destinatarias das mobilidades debe­rán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

  1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos de inscripción no ficheiro do SNIGX:

-Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro

-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

-Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

Para inscribirse no SNGX:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

  1. Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que compor­ten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

 MOVILIDADES

DESTINO Nº MOVILIDADES DURACIÓN SALIDA VOLTA
IRLANDA 4 3 MESES 1/9/2019 1/12/2019
ITALIA 6 3 MESES 1/9/2019 1/12/2019
ALEMAÑA 4 3 MESES 1/9/2019 1/12/2019

 CONTIDOS DA BOLSA

  • Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
  • Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas.

Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.

  • Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración en destino;
  • Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
  • Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
  • Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.

 INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS

Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:

Solicitude modelo oficial INGALICIA

SELECCIÓN

IMPORTANTE: Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa

A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:

Establecerase unha puntuación máxima de 9,5 puntos no proceso selectivo, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

2º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

3º. Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

  • Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.
  • De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.
  • De 24 a 25 anos: 1 punto.
  • De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.
  • De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.
  • De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.

2º. En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS

  1. Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as activi­dades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.
  2. unha memoria de actividades que constará de:
  3. Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
  4. Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obti­do para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
  • Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.
  1. Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.
  2. c) Xustificación da preparación lingüística a través dun certificado emitido pola entidade de acollida.
  3. d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.
  4. e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.

INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

  1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas estableci­das nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.
  2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos po­sibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
  3. a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa benefi­ciaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
  4. b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
  5. c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.
  6. d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.
  7. e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Muiño de Visma 30, 2ºC, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org

(Visited 1.270 times, 6 visits today)