|
PROGRAMA SECTORIAL LEONARDO DA VINCI PROXECTO EVERGREEN 2008 -2010 PRIMEIRA FASE PRESENTACIÓN A Dirección Xeral de Xuventude, a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural Ingalicia como entidade coordinadora poñen en marcha un proxecto de mobilidade para mozos e mozas de Galiza denominado EVERGREEN, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013. O proxecto esta dirixido a mozos e mozas que estuden FP nalgúns ciclos da familia de Comercio e Marketing, diplomados, universitarios ou recen titulados. , diplomados, universitarios ou recen titulados Finalidade da bolsa As bolsas pretenden contribuír á formación dos mozos e mozas traballadores e titulados recentes de Galiza nun contexto europeo, axudando á realización de prácticas en empresas doutros países mediante o financiamento de estadías de 12 (doce) semanas de duración. De igual xeito, preténdese favorecer o fortalecemento empresarial da rexión e a consolidación da rede de relacións con empresas europeas. O Proxecto EVERGREEN O proxecto aborda directamente as necesidades formativas das persoas participantes ao mellorar as súas competencias profesionais co fin de mellorar as súas expectativas de emprego no sector do TURISMO. Aborda as necesidades relacionadas coa mobilidade europea, a aprendizaxe e capacitación profesional en empresas, a aprendizaxe de idiomas nun ámbito empresarial, a adquisición de autonomía persoal (viaxar, tomar decisións, defenderse ante a adversidade, relacionarse coas institucións, etc.) e a mellora da capacidade de traballo con persoas de distintos ámbitos culturais. DESTINOS Segundo o establecido, os países onde se desenvolverán as estadías son os seguintes: | PAIS | | | PORTUGAL | | | | | REP. CECA
| | | ITALIA | | Os días exactos así como os lugares onde se celebrarán as probas de idioma e as xornadas de selección serán confirmados a través de comunicación persoal e nas páxinas web da Dirección Xeral de Xuventude (www.xuventude.net) e da Asociación Cultural Ingalicia (www.ingalicia.org). CARACTERÍSTICAS DA BOLSA · DESTINOS: Cada participante poderá solicitar máis dun destino de preferencia (ALEMAÑA, ITALIA, REPUBLICA CHECA, PORTUGAL), tendo en conta que deberá examinarse en todos os idiomas dos países elixidos (para Republica Ceca o idioma será o Inglés). En calquera caso o candidato ha de lembrar que se terá en conta o país de destino elixido como primeira opción, mentres que para o país elixido como segunda opción se respectarán primeiro as preferencias das persoas participantes que o elixisen como primeira opción. Exemplo: Se o solicitante elixe por orde de preferencia Italia, Republica Checa e Alemaña haberá de examinarse de Italiano, Inglés e Alemán respectivamente no mesmo día (ou segundo se determine na convocatoria de idiomas), polo que poderá ser seleccionado para calquera dos destinos. · 2. -Características da estadía:
- Duración da estadía: 12 semanas: - 2 semanas de curso de adaptación á lingua do país de destino (segundo o nivel de coñecemento do idioma). - 10 semanas de prácticas en empresas. > Contidos da bolsa: - Desprazamento: gastos de viaxe de ida e volta á cidade de destino, ate un maximo de 200 euros. O ente coordinador, ademais de aceptar as reservas feitas de xeito individual, ocuparase de encontrar a forma máis económica para viaxar ao país de destino, así como o establece o OAPEE. - Aloxamento: O/A participante terá cuberto o seu aloxamento durante as 12 semanas; - Manutención: O/A participante recibirá un diñeiro de peto durante a súa estadía como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas, como por exemplo material necesario e específico para o desenvolvemento da práctica ou a estadía. La manutención será de 285 euros.
- Curso de lingua: É un curso de adaptación á lingua do país de destino de 2 semanas de duración de luns a venres, de 4 horas diarias de duración. - Programa formativo: Proporase un programa formativo durante as 2 primeiras semanas, para obter un coñecemento do ámbito, visitas culturais e encontros con xente moza da cidade, etc. - Prácticas en empresas: 10 semanas de prácticas non remuneradas en empresas. - Seguimento durante toda a estadía: O/A participante terá unha titorización por parte do socio de acollida e do ente coordinador durante toda a estadía. - Seguro privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros. O importe da estadía non se executará en metálico para o/a participante, senón que a entidade coordinadora llelo aboará directamente aos provedores de servizos, compañía de seguros, axencia de viaxes e socio de acollida no país de destino. REQUISITOS Os requisitos para participar á convocatoria EVERGREEN (2008-2010) son os seguintes: - Persoas no mercado de traballo ou estudantes dalgunha das especialidades que se citan a seguir - Titulados/as universitarios recentes ou de ciclos de grao superior que teñan unha das seguintes titulacións, ou persoas que as estean estudando: ciencia turísticas, agrónomo y montes, economía, ciencias ambientales, cursos de formación, institutos profesionales para el turismo, y otros cursos, doctorados, máster profesionales que coincidan con los objetivos del proyecto. , ou outras titulacións que certifiquen o coñecemento do sector do turismo. - Ser cidadán/á dun país da Unión Europea; - Ter cumpridos os 18 anos de idade e non superar os 30 anos; - Ter un nivel medio de coñecementos do idioma do país de destino elixido para a mobilidade; SELECCIÓN PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES 1. – As persoas candidatas deberán facer chegar á Asociación Cultural Ingalicia a seguinte documentación,A TRAVES DE NUESTRO CORREO ELECTRONICO:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
- Formulario de solicitude con fotografía; - Ficha técnica do candidato; - Curriculum vitae en galego ou castelán e no idioma ou idiomas dos países aos que se opta por orde de preferencia (estes documentos estarán dispoñibles na páxina web da Asociación Cultural Ingalicia: www.ingalicia.org e na da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade: www.xuventude.net). Se no Curriculum se mencionan outros títulos conseguidos útiles para a selección (certificados de lingua, cursos de informática e formación complementaria) é aconsellable enviar os documentos acreditativos. PLAZO LIMITE DE PRESENTACIÓN: 21 DE NOVIEMBRE DE 2009 Todas aquelas solicitudes recibidas fora de prazo non serán incluídas no proceso de preselección e selección. 2. - Os/As participantes admitidos terán que superar unha proba de idioma do país/países de destino, e unha vez superada a devandita proba, terán unha entrevista persoal. 3.- A data e hora da realización das probas lingüísticas así como a lista dos admitidos á devandita proba e a data e a hora da entrevista persoal serán publicadas na páxinas web da Asociación Cultural Ingalicia e na da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Aconséllase, polo tanto, visitar de forma continua as paxinas web www.ingalicia.org, e www.xuventude.net. 4. - A lista de persoas seleccionadas e suplentes por destino serán publicadas nas citadas páxinas web. Dereitos e obrigas das persoas participantes: 1.- O proxecto de mobilidade denominado EVERGREEN, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e coordinado pola Asociación Cultural Ingalicia cobre os seguintes gastos: un billete de ida e volta no medio de transporte e data que a entidade coordinadora propoña até un maximo de 200 euros, seguro, curso de idioma e programa formativo e un importe como axuda destinado á manutención e calquera outro gasto que poida xurdir durante o desenvolvemento da estadía. 2.- O aloxamento nos diferentes países será xestionado polo socio de acollida correspondente, situado ao longo de toda a área metropolitana das diferentes cidades. 3.- As persoas seleccionadas estarán obrigados a respectar todas as datas propostas pola entidade coordinadora Ingalicia. Estarán obrigados a revisar os seus c-electrónicos persoais posto que toda a información sobre o desenvolvemento do programa se notificará vía c-electrónico (non nos facemos responsables de correos electrónicos non recibidos debido a que existen multitude de razóns que poden impedir o recibo do correo e que escapan á nosa competencia, ex.: spam, problemas servidor, caixa de correo de entrada chea, etc., sendo obriga do/a participante comprobar que está a recibir os c-electrónicos e no caso de non ser así contactar con Ingalicia). 4.- As persoas seleccionadas estarán obrigadas a cumprir e asinar toda a documentación establecida pola entidade beneficiaria así como polo Programa Leonardo, aceptando todos os seus termos con anterioridade ao inicio da bolsa. 5. - As persoas seleccionadas aceptarán a preparación lingüística e as prácticas propostas e deberanas realizar na súa totalidade; en ningún caso os seleccionados disporán dunha listaxe de empresas en prácticas para elixir unha delas, senón que serán asignadas no país de destino atendendo ao seu nivel de lingua e formación. 6. -No caso de que a persoa seleccionada aceptase a bolsa e posteriormente a isto renuncie a ela deberallo notificar á entidade beneficiaria inmediatamente. No caso de que a renuncia á bolsa sexa por causas xustificadas, o/a participante non deberá aboar cantidade ningunha; enténdese por causa xustificada: - accidente ou enfermidade grave do/a participante, - morte dun familiar directo - oferta de emprego probada (debe achegar copia do contrato de traballo), Se pola contra a renuncia se produce por causas diferentes ás especificadas con anterioridade, o/a participante deberá aboar ao coordinador do proxecto -Asociación Cultural Ingalicia- a cantidade correspondente aos gastos que ocasionase ata a data de renuncia. Se a persoa participante non cumpre ningún destes requisitos para causar baixa xustificada, deberá rembolsar á entidade coordinadora Ingalicia, as cantidades que á data da baixa incorren. 7. - As persoas seleccionadas estarán obrigadas a xustificar: - O gasto da estadía, como o billete de avión ou tarxetas de embarque, billetes de tren etc. - Todos aqueles documentos obrigatorios como cuestionarios de seguimento,cuestionario Leopass, informe final persoal, e todos os que se requiran, sempre debidamente cubertos e asinados. 8. – Os/As participantes están obrigados á devolución íntegra da totalidade da bolsa nos seguintes casos: - En caso de obter a bolsa mediante falsificación das condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.
- En caso de incumprimento total ou parcial do obxectivo da actividade do proxecto ou da non-adopción do comportamento axeitado e acorde cos seus obxectivos.
- En caso de incumprimento dalgúns dos puntos incluídos neste documento.
descarga aqui os documentos para a solicitude cartel de presentacion do proxecto
Cofinanciamento do proxecto
| | Entidade Coordinadora
| OAPPE Direccion Xeral de Xuventude e Solidariedade | | Asociación Cultural Ingalicia |
|