Xa están aqui as Bolsas Galeuropa 2018! Principal novidade deste ano, que non poderán participar os/ as que xa gozaron dunha bolsa Galeuropa en anos anteriores.

OBXECTO DAS AXUDAS: realización de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.

Obxectivos que se pretenden acadar:
– incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
– complementar a competencia profesional e persoal
– adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
– fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2018. Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia, estes requisitos han de cumprise o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes en cada modalidade , agás o de idade. Ademáis as persoas participantes han de ter cumpridos 18 anos.

Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

(fuente: www.xuventude.xunta.es)

INTERESACHE?

Podes atopar a información oficial, tanto para solicitudes individuáis como para entidades sen ánimo de lucro e entidades locáis AQUI

Queres participar con Ingalicia como entidade de envío? De momento podes enviar a túa manifestación de interese que podes atopar AQUI

 

Read more: http://www.ingalicia.org/2018/05/bolsas-galeuropa-2018/#ixzz5GsPXdzyP

(Visited 92 times, 1 visits today)