Xornada Móvete!! Programas de prácticas internacionais, recursos e oportunidades de traballo e mobilidade para a mocidade
(Crédito en tramitación)
Data: Xoves, 01 de decembro de 2016
Horario previsto: 9:30 – 13:30
Cidade: Santiago de Compostela
Ubicación: Salón de Graos. Facultade de Relacións Laborais
Descrición:
Obxectivos -Dar a coñecer ao estudantado os diferentes Programas Prácticas e oportunidades de mobilidade laboral, Recursos para carreira investigadora, Voluntariado ou de participación da mocidade , cuia finalidade é a de contribuir a que os mozos e mozas coñezan e se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala internacional, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión da diversidade do contorno económico e social, ao mesmo tempo que desarrollan habilidades, adquiren competencias e experiencia laboral -Coñecer as características, condicións e proceso de execución dos diferentes programas a fin de que poidan prepararse para poder cumprir requisitos, seguir axeitadamente os procedementos e mellorar as posibilidades de consecución de praza no programa ao que se quera optar. -Coñecer recursos de busca de emprego na UE: Red Eures.
Bloque 1: Programas de prácticas internacionais (9:30-11:00):
Erasmus Prácticas. Ponente: Representante da Oficina de Relaciones Exteriores (ORE) da USC.
Programa Galeuropa. Ponente: Representante da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social. Xunta de Galicia. Outros programas de prácticas internacionais. Ponente: Representante da Área de Orientación Laboral da USC
Bloque 2: Outros recursos de interese para a mobilidade internacional (11:15-12:15):
Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais.
Bolsas da FGE Ponente: Representante da Fundación Galicia Europa (FGE)
O Servizo de Voluntariado Europeo (SVE) Eurodesk. Servizo de información sobre programas e iniciativas europeas Ponente: Representante da Asociación Ingalicia
Bloque 3: Recursos para o busca de emprego na UE (12:30-13:30):
A Red Eures. O portal europeo da mobilidade profesional Ponente: Covadonga López. Consejera Eures do Servizo Público de Emprego de Galicia
TE INTERESA?
Pincha AQUI para registrarte