A Asociación Cultural Ingalicia resulta beneficiara das bolsas Galeuropa convocadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos
Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.
A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 14 mozos e mozas menores de 30 anos, para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (4 bolsas), Alemaña (4bolsas) Italia (6 Bolsas).
A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.
Os obxectivos xerais deste proxecto son:
- Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
- Mellorar as súas competencias interculturais
- Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
- Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
- Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
- Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
- Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
- Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.
REQUISITOS
As persoas destinatarias das mobilidades deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos de inscripción no ficheiro do SNIGX:
-Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html
- Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
MOVILIDADES
DESTINO | Nº MOVILIDADES | DURACIÓN | SALIDA | VOLTA |
IRLANDA | 4 | 3 MESES | 1/9/2019 | 1/12/2019 |
ITALIA | 6 | 3 MESES | 1/9/2019 | 1/12/2019 |
ALEMAÑA | 4 | 3 MESES | 1/9/2019 | 1/12/2019 |
CONTIDOS DA BOLSA
- Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
- Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas.
Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) quedan incluídos na partida de manutención.
- Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración en destino;
- Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
- Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
- Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.
INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS
Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
Solicitude modelo oficial INGALICIA
FECHA LIMITE: Primeira selección: 29 de Xullo 2019
SELECCIÓN
IMPORTANTE: Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa
A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:
Establecerase unha puntuación máxima de 9,5 puntos no proceso selectivo, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:
1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.
2º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.
3º. Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
- Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.
- De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.
- De 24 a 25 anos: 1 punto.
- De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.
- De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.
- De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.
4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.
No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:
1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.
2º. En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.
XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS
- Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.
- unha memoria de actividades que constará de:
- Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
- Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
- Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.
- Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.
- c) Xustificación da preparación lingüística a través dun certificado emitido pola entidade de acollida.
- d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.
- e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.
INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
- O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.
- O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
- a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa beneficiaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
- b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
- c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.
- d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.
- e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Muiño de Visma 30, 2ºC, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org.