Ampliamos plazo hasta el 13 de julio a las 14.00
Aqui lanzamos a nova convocatoria de bolsas Galeuropa 2016 para desenvolver prácticas profesionais en Irlanda (10 bolsas) , Republica Checa (4 bolsas) e Italia (6 bolsas).
Principais novidades 2016
- Idade ampliada ata os 30 anos (non cumpridos)
- maior dotación economica
- maior duración das prácticas (no noso caso 3 meses).
BOLSAS GALEUROPA-INGALICIA 2016
PROXECTO DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL
DESTINOS: IRLANDA – ITALIA – REPUBLICA CHECA
DURACIÓN: 3 MESES
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos
Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.
A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 20 mozos e mozas menores de 30 anos (non cumpridos), para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (10 bolsas), Republica Checa (4bolsas) Italia (6 Bolsas).
A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.
Os obxectivos xerais deste proxecto son:
- Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
- Mellorar as súas competencias interculturais
- Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
- Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
- Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
- Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
- Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
- Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.
REQUISITOS
As persoas destinatarias das mobilidades deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Se aínda non estas inscrito/a podes facelo AQUI
2. Ter entre 18 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
MOVILIDADES
DESTINO | Nº MOVILIDADES | DURACIÓN | SALIDA |
IRLANDA | 10 | 3 MESES | ENTRE JULIO Y AGOSTO |
ITALIA | 6 | 3 MESES | ENTRE JULIO Y AGOSTO |
REP.CHECA | 4 | 3 MESES | ENTRE JULIO Y AGOSTO |
CONTIDOS DA BOLSA
- Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
- Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas. Determínase en custos unitarios, segundo o país de destino, ate un máximo de 275€.
Ao mesmo tempo recibirá unha dotación económica para sufragar os gastos de viaxe, determinado en custos unitarios, segundo a distancia do país de destino da mobilidade. Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.
- Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración de luns a venres, de 4 horas diarias de duración en destino mais un curso de 30 horas a realizar antes da saída en modalidade semi-presencial por un total de 50 horas;
- Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
- Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
- Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.
INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS
Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
a) Solicitude de modelo oficial (Anexo I asinado e escaneado)
b) Currículum vitae modelo europeo EN INGLÉS E/OU ITALIANO
c) Copia escanelada do DNI/NIE
d) Unha declaración responsable (AQUI O MODELO)de que non recibiron accións educativas que impliquen más de 40 horas mensuais nos 90 días previos á selección e que tampouco recibiron accións formativas de máis de 40 horas mensuais nos 30 días anteriores á dita selección.
e) Unha declaración complementaria (AQUI O MODELO) de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
IMPORTANTE: Lembra asinar, escanear e enviar as declaracións xunto coa solicitude (que tamén debes asinar e escanear). Garda os orginales para entregalos en caso de ser seleccionad@
SÓ ACEPTAMOS FORMATOS .PDF . NO ENVIADES FORMATOS .JPG
A documentación deberá ser enviada por email a: galeuropa@ingalicia.org Especificar no asunto do correo «Solicitud.Galeuropa.TUNOMBRE.TUSAPELLIDOS»
FECHA LIMITE: 13 DE XULLO 2016 AS 14.00
SELECCIÓN
A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:
a) Valoraranse, en primeiro lugar, as solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa
b) Valorarase a maior idade fronte a menor ata 1,20 puntos (terase en conta a idade do día que finalice o prazo de presentación de solicitudes).
– De 28 a 29 anos: 1,20 puntos.
– De 26 a 27 anos: 1 punto.
– De 24 a 25 anos: 0,80 puntos.
– De 22 a 23 anos: 0,60 puntos.
– De 20 a 21 anos: 0,40 puntos.
– De 18 a 20 anos: 0,20 puntos.
c) I. A antigüidade no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma, desde a data de inscrición no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.
d) Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade: ata un máximo de 2,25 puntos. Consistirá en 15 preguntas tipo test, valoradas en 0,15 puntos cada unha. (Realizados os test por todas as persoas participantes porase á súa disposición o modelo de respostas correctas).
e) Obxectivos definidos pola persoa participante na solicitude de mobilidade, tendo en conta o seu grao de adecuación á finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil e á do propio proxecto da entidade, ata un máximo de 0,5 puntos.
f) Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fora emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 1 punto.
g) Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos.
No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:
– En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde na que están establecidos.
– En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
– Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.
XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS
a) Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.
b) unha memoria de actividades que constará de:
- Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
- Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
- Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.
- Reportaxe fotográfica de realización da práctica formativa da entidade/ empresa no país de destino.
d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.
e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.
INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.
2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa beneficiaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.
d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.
e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Manuel Azaña 10, 2ºD, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org.
PROXECTO COFINANCIADO POR: