A consecución destes obxectivos son os que se amosarán durante a xornada, que se desenvolverá no Centro Etnográfico do río Mandeo e que incluirá un taller sobre a empregabilidade e vulnerabilidade xuvenil, un panel de experiencias e visitas aos proxectos empresariais da zona.
A xornada está destinada a técnicos de xuventude e de emprego, representantes e membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas non asociados, informadores xuvenís e calquera persoa interesada, que deberán inscribirse previamente a través dun formulario disponible web de Xuventude.
Datas e lugar de celebración: 28 de xuño de 2017.
Centro Etnográfico Río Mandeo
Paseo Fluvial, 20, 15310 Teixeiro. Curtis
Programa provisional
09:45 h Recepción de participantes e entrega de material
10:15 h Presentación da xornada
10:30-12:00 h Taller: “Empregabilidade e vulnerabilidade xuvenil”
12:00-12:30 h Pausa café
12:30–14:00 h Panel de experiencias de iniciativas derivadas de experiencias Erasmus+
14:00-15:00 h Xantar
16:00-19:00 h Visita a proxectos empresarias
Cobertura
Os gastos de xantar e traslado para realizar as visitas a proxectos empresariais dende o lugar de realización da xornada corre a cargo da organización.
Inscricións: Mediante envío de formulario electrónico no seguinte enlace: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=261