Aqui lanzamos a nova convocatoria de bolsas Galeuropa 2017 para desenvolver prácticas profesionais en Irlanda (4 bolsas) e Italia (6 bolsas).
BOLSAS GALEUROPA-INGALICIA 2017
PROXECTO DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL
DESTINOS: IRLANDA – ITALIA
DURACIÓN: 3 MESES
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos
Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.
A Asociación Cultural Ingalicia participa no proxecto GALEUROPA en calidade de entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 10 mozos e mozas menores de 30 anos (non cumpridos), para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de Irlanda (4 bolsas) Italia (6 Bolsas).
A mocidade participante poderá realizar prácticas laborais non remuneradas de 3 meses correndo a cargo do programa o apoio lingüístico, a viaxe, aloxamento e manutención na cidade das prácticas.
Os obxectivos xerais deste proxecto son:
- Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
- Mellorar as súas competencias interculturais
- Mellorar o dominio de linguas estranxeiras
- Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
- Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
- Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
- Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territoriais e oportunidades de emprego e auto emprego.
- Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades.
REQUISITOS
As persoas destinatarias das mobilidades deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
1.Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Se aínda non estas inscrito/a podes facelo AQUI
2. Ter entre 18 e 30 anos (non cumpridos). O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas no día día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Os requisitos establecidos neste artigo, agás o de idade, deberán cumprirse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
IMPORTANTE: No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
MOVILIDADES
DESTINO | Nº MOVILIDADES | DURACIÓN | SALIDA |
IRLANDA | 4 | 3 MESES | Primera semana de septiembre |
ITALIA | 6 | 3 MESES | Primera semana de septiembre |
TOTAL | 10 | 3 MESES | SEPTIEMBRE-NOVIEMBRE |
CONTIDOS DA BOLSA
- Aloxamento: O participante terá cuberto o seu aloxamento durante os 3 meses en pisos compartidos, en cuartos individuais ou dobres;
- Viaxe e Manutención: O participante obterá un diñeiro de peto durante a súa estanza como axuda á súa manutención e outros gastos que poidan xurdir no desenvolvemento das prácticas. Determínase en custos unitarios, segundo o país de destino, ate un máximo de 275€.
Ao mesmo tempo recibirá unha dotación económica para sufragar os gastos de viaxe, determinado en custos unitarios, segundo a distancia do país de destino da mobilidade. Os transportes locais no país de destino (viaxe diario ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.
- Preparación pedagóxico/cultural/lingüística: é un curso de adaptación á lingua do País de destino de 1 semana de duración de luns a venres, de 4 horas diarias de duración en destino;
- Prácticas en empresas: 3 meses de prácticas non remuneradas en empresas.
- Seguimento durante toda a estanza: O/a participante terá unha titoría por parte do socio de acollida e do ente coordinador (Ingalicia) durante toda a estanza.
- Seguro Privado de accidente, repatriación e responsabilidade civil a terceiros.
INCOMPATIBILIDADES DAS AXUDAS
Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares. A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
a) Solicitude de modelo oficial (Anexo I asinado e escaneado)
b) Currículum vitae modelo europeo EN INGLÉS E/OU ITALIANO
c) Copia escanelada do DNI/NIE
d) Unha declaración responsable (AQUI O MODELO) de que non recibiron accións educativas e que tampouco recibiron accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
e) Unha declaración complementaria (AQUI O MODELO) de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade no ano 2017 (podes participar ainda xa participaste no outros anos), das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
IMPORTANTE: Lembra asinar, escanear e enviar as declaracións xunto coa solicitude (que tamén debes asinar e escanear). Garda os orginales para entregalos en caso de ser seleccionad@
SÓ ACEPTAMOS FORMATOS .PDF . NO ENVIADES FORMATOS .JPG
A documentación deberá ser enviada por email a: galeuropa@ingalicia.org Especificar no asunto do correo “Solicitud.Galeuropa.TUNOMBRE.TUSAPELLIDOS”
FECHA LIMITE: 18 DE AGOSTO 2017 AS 14.00
SELECCIÓN
A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, atendendo como mínimo aos seguintes criterios de valoración:
O proceso selectivo seguirá as seguintes normas:
a) Establecerase unha puntuación máxima de 11 puntos no proceso selectivo.
b) Valoraranse en primeiro lugar as solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do programa Galeuropa, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:
1º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma, desde a data de inscrición no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.
2º. Valorarase a maior idade fronte a menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.
De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.
De 24 a 25 anos: 1 punto.
De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.
De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.
De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.
De 16 a 17 anos: 0,20 puntos.
3º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.
4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.
5º. Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade: ata un máximo de 1,50 puntos. Consistirá en 15 preguntas tipo test, valoradas en 0,10 puntos cada unha.
c) No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:
1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida no test de motivación e participación.
2º. En segundo lugar, a igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta, en primeiro lugar, a orde de entrada da solicitude e, en segundo lugar, o grao de adecuación da práctica á formación ou experiencia do/a mozo/a solicitante no momento da solicitude.
XUSTIFICACIÓN DAS BOLSAS
a) Certificado emitido pola empresa/entidade de acollida das prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.
b) unha memoria de actividades que constará de:
- Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.
- Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.
- Indicación das modificacións producidas nas estadías se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de acollida das prácticas, así como as causas que as motivaron.
- Reportaxe fotográfica de realización da práctica formativa da entidade/ empresa no país de destino.
d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías/autoestradas necesarios para a súa realización.
e) De ser o caso, documentación que xustifique o motivo de forza maior que causou o abandono ou interrupción das prácticas.
INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS. REINTEGRO DA SUBVENCIÓN
1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta convocatoria orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas.
2. O importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda, á persoa beneficiaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da bolsa: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.
c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para a xustificación dos gastos: No caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.
d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas debidamente cubertas e asinadas así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.
e) As renuncias/abandonos das prácticas por causa de forza maior debidamente xustificada e documentada, serán causa de reintegro do gasto subvencionable en concepto de manutención e aloxamento, proporcional ao número de días deixados de realizar. Considerase causa de forza maior a sinatura dun contrato de traballo e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte dun familiar de ata 2º grao.
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamiento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Solicitudes.Galeuropa.Ingalicia». O órgano responsable deste ficheiro é a Asociación Cultural Ingalicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta Asociación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Ingalicia, Rua Manuel Azaña 10, 2ºD, 15011 A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: galeuropa@ingalicia.org.
PROXECTO COFINANCIADO POR: